Airco DH.4

Airco DH.4
FabricanteAirco
Primeiro vooagosto de 1916
Introducidomarzo de 1917
Retirado1932
Principais usuariosReino Unido
Estados Unidos
Unidades construídas1.449 no Reino Unido e 4.846 nos Estados Unidos
VariantesAirco DH9
Airco DH9A
Dayton-Wright Cabin Cruiser

O Airco DH.4 foi un biplano británico de dúas prazas usado como bombardeiro diario na primeira guerra mundial. Foi deseñado por Geoffrey de Havilland (de aó o "DH") para Airco, e foi o primeiro avión destas características británico en ter un armamento defensivo efectivo. Voou por vez primeira en agosto de 1916 e entrou en servizo co Royal Flying Corps (RFC) en marzo de 1917. A meirande parte dos DH.4 foron realmente fabricados como un biplaza multipropósito nos Estados Unidos, para servir coas forzas estadounidenses en Francia.

O DH.4 foi probado con varios motores, dos cales o mellor foi o Rolls-Royce Eagle. O armamento estaba formado por unha metralladora Vickers de 7,7 mm para o piloto e un canón Lewis de 7,7 mm nunha montaxe de anel para o observador. Podía levar dúas bombas de 100 kg ou catro de 51 kg. O DH.4 entrou en servizo o 6 de marzo de 1917 co Escuadrón 55 en Francia.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy